Unha xincana para rematar o curso no Sánchez Cantón
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Cunha explosión de xúbilo e festa pecharon os alumnos da ESO do IES Sánchez Cantón na avenida Raíña Vitoria a xincana 'Xogando a descubrir Pontevedra', coa que se despediron do curso académico.
O tenente de alcalde e concelleiro de Educación, Tino Fernández, e a concelleira de Promoción Económica, Turismo e Universidade, Yoya Blanco, fixeron de mestres de cerimonia do acto de entrega de premios deste xogo de orientación.
Os vencedores foron os seguintes grupos: de Primeiro de ESO: 1ºG "Cuerpo de Exploración"; de Segundo da ESO: 2ºA "As Gárgolas"; de Terceiro de ESO: 3ºA "Tumadre"; de Cuarto da ESO: 4º B "La Luz". O Premio Especial foi para o grupo de 4ºC "Pizza sen Piña".
A xincana 'Xogando a descubrir Pontevedra' foi un xogo de orientación impulsado polo centro educativo en colaboración co Concello de Pontevedra e co que os estudantes pecharon un curso diferente cun último reto que puxo a proba os seus coñecementos sobre a cidade.
Empregando como base para esta xincana o mapa de orientación deportiva cedido polo Club Aromón Pontevedra – Montañeiros Arroelo, a proba disputouse por niveis, en percorridos asignados para cada grupo-aula e deseñados polo alumnado de 1º curso do Ciclo Superior de Técnico en Ensinanza e Animación Sociodeportiva (TSEASD).
Xincana 'Xogando a descubrir Pontevedra'
Cunha explosión de xúbilo e festa pecharon os alumnos da ESO do IES Sánchez Cantón na avenida Raíña Vitoria a xincana 'Xogando a descubrir Pontevedra', coa que se despediron do curso académico
© Concello de Pontevedra