Marín fai público a listaxe dos catorce furanchos que poderán abrir ata o 31 de xullo
Por Redacción
O Concello de Marín fai público a listaxe dos furanchos que poderán exercer a súa actividade ata o 31 de xullo.
Trátase dun total de 14 establecementos nos que se poderá acompañar os viños con algunha tapa pero respectando sempre as medidas sanitarias para evitar contaxios por covid-19.
O listado é o seguinte: Chámpalle unha gaseosa, en Cernello 13, A do Currante, en Moledo 39B, Do Chanco, en Pastoriza 9, Óscar, en Pardavila, 54, Amancio, en Ameal 42, A do Maño, na Brea 4, Charo, en Ruanova 8, Noelia, en Allariz 19, Víctor, en Castro 41, Da Carteira, en Ameal 46, Marcial, en Casás 29B, A Do Crego, en Miñán 22, A Palmeira, en Miñán 8 y A Casa de Aranda, en Allariz 34.
Estes locais poden iniciar xa a súa actividade. A licenza terá vixencia ata o 31 de xullo.