Morre unha muller ao envorcar o seu tractor cando vendimaba en Meis
Por Redacción
Segundo informou o 112, unha muller de 66 anos que traballaba na vendima na parroquia de Fofán, en Meis, faleceu este sábado tras sufrir un accidente co seu tractor. O suceso tivo lugar ás 12:13 horas.
Explicaron testemuñas presenciais que a falecida, D.C.M., regresaba co tractor por un camiño entre terreos despois de descargar os cestos de uva que levaba no remolque na súa casa de Covas, no municipio veciño de Meaño.
Dende a Central de Coordinación do 061 Urxencias Sanitarias de Galicia informaron que o tractor quedou envorcado con esta persoa debaixo. Ata o lugar do suceso acudiu unha ambulancia asistencial e persoal sanitario do PAC de Cambados.