A CIG mobilízase nas cidades galegas para lograr unha "saída xusta" da crise
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/0d4/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/60a6351e20-20210520-patxot-concentracion-ciga-0802.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/7a3/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/60a6353b1e-20210520-patxot-concentracion-ciga-0804.jpg)
© Mónica Patxot
A CIG organizou este xoves unha concentración simultánea nas principais cidades de Galicia. En Pontevedra, medio centenar de persoas manifestáronse fronte á Subdelegación do Goberno para esixir solucións aos problemas laborais que están a padecer moitos traballadores derivados da pandemia da covid-19.
Desde o sindicato esixen a derrogación das últimas reformas laborais "que tanto dano estanos a facer", proclaman no manifesto lido durante a protesta. Denuncian que as últimas modificacións da regulación da fiscalidade e as pensións, así como as privatizacións e os recortes en educación ou sanidade acabaron por "roubar claramente os dereitos".
Poñen o foco tamén nos ertes, "que agora convértense en eres" sen que o Goberno e o resto de sindicatos, mencionan a UXT e CC. OO, fagan nada por evitalo, critican.
Por todo iso, esixen a derrogación das reformas laborais, das pensións, da negociación colectiva e reclaman tamén medidas urxentes para afrontar a crise desde o punto de vista da clase traballadora.
Para lograr unha saída adecuada da crise, a CIG esixe un plan de recuperación económica, de industrialización, de creación de emprego, de aposta polos servizos públicos, unha reforma financeira e fiscal e a intervención na economía "para lograr un desenvolvemento económico e social xusto que nos permita vivir e traballar dignamente na nosa terra".
As mobilizacións non pararán e o día 15 de xuño está prevista unha manifestación masiva de todos os delegados da CIG en Santiago de Compostela.