En Cayenne e bébedo por Valdecorvos
Por Redacción
Un veciño de Pontevedra de 27 anos foi denunciado como autor dun delito contra a seguridade do tráfico tras ser sorprendido circulando o seu todoterreo Porsche Cayenne pola zona de Valdecorvos en estado ebrio e ocasionou danos na sinalizacion e o mobiliario público.
A Policía Local de Pontevedra sorprendeuno sobre as 8.10 horas da mañá do domingo tras recibir o aviso dun condutor que circulaba de forma irregular polo barrio e que colisionara con varios sinais de tráfico e farois.
Unha patrulla policial dirixiuse ao lugar e localizou o Porsche Cayenne circulando nunha rúa sen saída. Nese momento, presenciou como se desprendía a roda dianteira dereita do eixe. Malia o contratempo, intentou seguir circulando ata que o coche xa non puido avanzar.
Segundo fontes policiais, o coche quedou inmobilizado, os axentes achegáronse ao condutor e encontrárono nun elevado estado de nerviosismo e con síntomas evidentes de estar baixo os efectos das bebidas alcohólicas.
Os axentes sometérono á proba de alcoholemia e deu un resultado positivo de 0,40 miligramos de alcohol por litro de aire expirado. A pesar de que o índice de alcoholemia detectado non é constitutivo dun delito, senón dunha falta administrativa, a súa actuación foi tramitada pola vía xudicial porque a súa condución tivo consecuencias.