Rouban as plantas que acompañan á Virxe do Carme en Campelo
Por Redacción
O roubo de gran parte das plantas que acompañan o monumento da Virxe do Carme, na Praza da Granxa de Campelo, revolucionou aos veciños.
Varias persoas denunciaron o roubo ante a Policía Local de Poio. Seis das plantas desapareceron na noite do pasado mércores. Todas elas foran doadas hai anos e estaban ao coidado da xente de Campelo.
A Policía Local de Poio traballa para poder identificar o autor ou autora dos roubos e localizar as plantas e as macetas que desapareceron do lugar.
Os produtos roubados, segundo os cálculos das autoridades, teñen un valor duns 700 euros.
A Policía pediu a colaboración veciñal para poder localizar as plantas roubadas.