A policía identifica un individuo por extraer catro baterías de camións en Campañó
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Axentes da Policía Nacional identificaron durante a pasada noite, entorno ás 01:00 horas, a un home que se encontraba nas proximidades da Estación de servizo de Campañó en relación coa extracción de catro baterías en varios camións situados no aparcadoiro da gasolineira.
Unha chamada dun particular alertou da presenza de varias persoas en actitude sospeitosa entre os camións da zona de estacionamento. Segundo fontes policiais, os axentes achegáronse ata a zona e comprobaron como se retiraran as baterías de catro dos vehículos e lograron identificar un dos homes que se encontraba no aparcadoiro. As baterías foron actopadas polos axentes no solo.