15 reclusos da Lama reciben formación como auxiliares de psiquiatría grazas ao Programa Abeiro
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Centro Penitenciario da Lama acolleu por segundo ano un curso de formación para auxiliar de psiquiatría dirixida a internos do penal.
Estas clases, incluídas no Programa Abeiro organizado pola Fundación ÿrguete, contan cun dobre obxectivo: aumentar as posibilidades de acceso a un emprego cualificado ao finalizar a condena e crear no centro unha bolsa de persoas cualificadas para desempeñar funcións de apoio.
Coa formación destas persoas preténdese colaborar cunha realidade existente nos cárceres españois, onde se estima que o 25% dos internos padece algunha patoloxía psiquiátrica, cuxo agravamento en moito casos pode derivar nun intento de suicidio, conduta agresiva, abandono persoal e nula adaptación ou participación na vida penitenciaria.
Moitos dos condenados con patoloxía psquiátrica necesitan, segundo apunta a Fundación ÿrguete, do apoio doutro interno para a realización das actividades diarias, así como para a axeitada adaptación ao medio.
Para este labor requírese unha formación específica que se imparte a través deste curso, que cumpre o seu segundo ano na Lama, con 10 participantes na súa primeira edición e 15 na segunda, que remata esta semana tras cinco meses de traballo.
A través del 21 persoas obtiveron a súa titulación homologada, tras aprobar un exame de homologación ao termo deste, e 15 persoas contribúen diariamente a mellorar a calidade de vida daqueles internos e que máis o necesitan.