Louzán sobre a conxelación salarial aos funcionarios: "Estamos en tempo de que todos temos que facer un esforzo"
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/52458382160d6-005.jpg)
CC BY-NC-SA PontevedraViva
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/52459f9530f2a-003.jpg)
CC BY-NC-SA PontevedraViva
Ante a nova decisión do Goberno central de conxelar os salarios dos empregados públicos, o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán manifestaba esta mañá que considera esta decisión "unha medida razoable tal e como están os tempos. Estamos en tempo de que todos temos que facer un esforzo e eu tamén estou dentro dese grupo de persoas que temos responsabilidade política e esa labor de ser un funcionario da administración e neste momento toca facer este esfuerzo. Non hai que olvidar que en Cataluña é a terceira vez que lle suspenden a paga extra os funcionarios e no resto do Estado non vai ser así".
Louzán engadiu: "Cando o Goberno central propuxo esta medida de suspender a paga extra non foi ben acollida porque non foi ben entendida nin ben explicada. Vaise elaborar ese proxecto de presupostos para 2014, vai ser mellor que en 2013 e contamos con ese optimismo: vamos a saír da recesión e se algo hai que sacrificar será para ter unha viabilidade futura que nos permita recuperar ese terreo que se poida perder agora".
Ademais o presidente provincial mostrouse satisfeito porque neste Día Mundial do Turismo o Ministerio de Industria adxudicou á institución provincial o proxecto Smart Destinos Turísticos que "convertirá ás Rías Baixas nun dos destinos turísticos intelixentes de España. Creo que estamos liderando a accesibilidade para o sector turístico. Esta adxudicación supón 943.000 euros para plataforma tecnolóxica que desenvolva o destino Rías Baixas cun observatorio turístico e 846.000 para servizos profesionais e empresas que fomenten o sector turístico".
Neste sentido, os próximos días 2 e 3 de octubro, a Deputación estará representada nun congreso turístico en Málaga e tamén na Semana Europea de rexións e cidades que se celebra en Bruxelas o 9 de outubro coa presenza de 6.000 expertos turísticos.
A continuación, Louzán presidiu o pleno de setembro, no que tomaron posesión tres novos deputados: Horacio Gil, Moisés Rodríguez e Alejandro Rodríguez.
A sesión centrouse no debate sobre o aeroporto de Peinador por proposta do Grupo do PSdeG-PSOE que solicitaba o investimento dun millón de euros nun plan de dinamización do aeroporto vigués. O propio Rafael Louzán contestou á proposta do voceiro socialista Santos Héctor sinalando que se trataba de "localismo absurdo e barato" e se referiu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, sinalando que "cada vez que Caballero fala, suben os prezos das tarifas en Vigo". Tras un longo e intenso debate, a proposta socialista foi rexeitada cos votos en contra do Partido Popular e a abstención do BNG.
O presidente da Deputación comenta a conxelación salarial do Goberno aos funcionarios
Rafael Louzán. Presidente da Deputación
CC BY-NC-SA PontevedraViva