Excarceran un condutor tras un brutal accidente en Cambados
Por Redacción
Ás 18:30 horas desta tarde de xoves, un vehículo saíase da vía por causas que se están a investigar e impactaba contra o muro dunha vivenda na Avenida de Galicia no concello de Cambados. Segundo informaba o servizo de Emerxencias do 112, un particular alertaba do accidente e ata a zona desprazouse unha unidade da Policía Local, Protección Civil e os Bombeiros do Salnés porque o único condutor do vehículo se encontraba atrapado no interior.
Os efectivos de Protección Civil de Cambados lograron liberar o ocupante, o mozo David Domínguez Soutullo, de 22 anos e veciño de Meaño, que foi trasladado, con feridas de gravidade, por unha Unidade medicalizada ao Hospital do Salnés, según informaron membros de Protección Civil de Cambados