Espectacular envorcado dun camión en Hierros Santa Cruz
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O susto que se levaron os traballadores da empresa do político Telmo Martín, Hierros Santa Cruz, en Meaño foi extraordinario. Este mediodía un operario manipulaba un camión grúa de grandes dimensións e no momento de realizar a carga, o material provocou que o vehículo envorcase e abandonase a súa habitual posición horizontal para quedar nunha postura totalmente vertical.
Fontes da propia empresa situada no Poligono Industrial da Pedreira sinalaban que non se producira ningún ferido a pesar da espectacularidade do suceso.