Por que caen as árbores en Vilagarcía?
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Servizo de Parques e Xardíns do Concello de Vilagarcía está actuando dende hai uns días no Parque da Compostela a raíz dos últimos episodios de caídas de ponlas de árbores. A efectos preventivos e por motivos de seguridade, os operarios dedicaron os dous últimos días en cortar as ponlas que se vían máis secas e continuarán nos próximos, aínda que debido a antigüidade dos exemplares e á dificultade por detectar a simple vista a súa fraxilidade, o Concello solicitará á Estación Fitopatolóxica de Areeiro a elaboración dun estudio sobre o estado dos mesmos.
O concelleiro de Medio Ambiente explicou que, pese ás podas periódicas realizadas e aos traballos de saneamento que se realizan cando se detecta o mal estado dunha ponla, seguen producíndose desprendementos debido a que se trata de árbores de moita idade nos que, a simple vista, non se percibe enfermidades, polo que é preciso unha análise en profundidade de cada un dos exemplares coa realización de mostraxes e analíticas pertinentes.
Isto é o que se trasladará á Estación Fitopatolóxica dependente da Deputación Provincial a efectos de que os seus técnicos elaboren coa maior brevidade posible un estudo pormenorizado da situación de tódalas árbores do Parque da Compostela e no que, consecuentemente, se determinen as medidas ou tratamentos a poñer en práctica en cada caso.