Limpeza nos ríos de Lameira e Mouta para evitar futuros problemas coas enchentes
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Operarios do servizo de limpeza do Concello de Marín iniciaron este mércores traballos de roza nos ríos de Lameira e Mouta.
Estes labores, que se prolongarán durante cinco semanas, consisten na retirada de maleza e sedimentos dos ríos e as súas marxes para evitar futuros problemas coa chegada das chuvias e a previsible enchente.
A primeira zona na que se actúa é en Lameira, onde se empezou a traballar no ámbito do lavadoiro de Coirados, tendo previsto chegar ata Ponte Zapal.
Por outro lado en Mouta os operarios centrarán os seus esforzos nun tramo comprendido entre o colexio da Laxe ata o supermercado Mercadona.
O Concello de Marín destina a esta actuación preto de 15.000 euros.