O Concello de Ponte Caldelas instala unha nova marquesiña na Travesía de Pazos
Por Redacción
Operarios do Concello de Ponte Caldelas acaban de finalizar a instalación dunha marquesiña de abrigo na parada de autobús situada xunto á senda peonil de Pazos, dentro dos traballos de ensanche e humanización levados a cabo na estrada P0-255.
A marquesiña, construída en aceiro inoxidable que a fai resistente ás inclemencias do tempo e que facilitan a visión da chegada do transporte público, foi facilitada ao Concello de Ponte Caldelas, a petición do seu Alcalde Perfecto Rodríguez, pola Dirección Xeral de Mobilidade de la Xunta de Galicia.
Este novo elemento do mobiliario urbano vén a formar parte das melloras acometidas na P0-255, ao seu paso por Pazos, que contemplou ademais da ampliación do vial de acceso a ponte Caldelas, toda unha serie de medidas de mellora da seguridade vial como o pintado do firme, creación de dúas sendas peonís e a posta en servizo de novas e modernas luminarias que modificaron por completo a fisionomía da travesía de Pazos.