Funeraria San Marcos impulsa o Proxecto Raíces para lembrar a persoa falecida cunha árbore
'Unha árbore, unha vida', a empresa Funeraria San Marcos está a realizar xestións con diversos concellos da provincia de Pontevedra para impulsar o Proxecto Raíces, que permitirá dar vida a unha árbore en memoria e recordo dun ser querido falecido.
A partir desta iniciativa, a empresa funeraria pontevedresa plantará unha árbore física por cada persoa falecida. O obxectivo do Proxecto Raíces é a creación de bosques en distintos municipios da provincia de Pontevedra que permitan render unha homenaxe ás persoas falecidas e a súa memoria. Unha forma distinta de crear un importante vínculo entre as familias e a persoa defunta, ademais de fortalecer o seu recordo.
Tamén, ao mesmo tempo, esta iniciativa ofrece a oportunidade de colaborar de xeito positivo co medio ambiente, a través da reforestación de distintos espazos.