Profesionais do sector dos eventos nupciais únense para exhibir as súas propostas de voda
Por Cristina Saiz
A pandemia cancelou a celebración de moitísimas vodas e con elas, a actividade económica de todas as empresas que se nutren do sector nupcial. Un ano despois da declaración do primeiro estado de alarma, a pesar de que o coronavirus segue omnipresente nas nosas vidas, a chegada das vacinas e a flexibilización das restricións achegan un halo de esperanza.
É por iso, que esta fin de semana a empresa especializada en eventos La Boda de Nerea reúne a 26 firmas pontevedresas para exhibir as súas propostas de vodas e comuñóns pensando en futuros clientes.
Retransmitido por internet e difundido nas redes sociais este evento está presentado por Eva Iglesias, do programa Land Rober da Televisión de Galicia.
Durante esta fin de semana celebraranse varios desfiles de traxes de noiva, para as invitadas e para as madriñas, ramos de flores, tocados e lenzaría tradicional e moderna. Tamén se mostrarán traxes de primeira comuñón. Todo iso combinado cunha serie de entrevistas en directo a diferentes persoas relacionadas con este sector.