Dous feridos nunha colisión en Cambados a primeiras horas da mañá
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/52400e19dc027-img-20130923-wa0004.jpg)
© Protección Civil de Cambados
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/52400eb891a0b-img-20130923-wa0000.jpg)
© Protección Civil de Cambados
Dúas persoas resultaron feridas nun accidente que se producía a primeiras horas desta mañá entorno ás 6:15 horas en Cambados na estrada entre Vilariño e Barrantes preto de Ponte Umia.
O accidente produciuse polo impacto entre os dous turismos ao perder un dos condutores o control do vehículo antes de Ponte Umia. Este condutor, un mozo de 21 anos, saíu despedido pola ventá do auto no momento do choque e sufríu feridas de gravidade. Foi trasladado ao Hospital Xeral de Vigo. O ocupante do outro vehículo tamén resultou ferido.
Ata o lugar do accidente se trasladou unha ambulancia medicalizada do 061, membros de Protección Civil de Cambados e da Garda Civil de Tráfico, segundo informaba o Servizo de Emerxencias do 112.