Os xuíces de Cambados piden mellorar o sistema de videoconferencias e pequenas reformas no edificio
Por Redacción
O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), José María Gómez y Díaz-Castroverde, mantivo unha reunión cos titulares das unidades xudiciais de Cambados para coñecer de primeira man as súas necesidades.
No encontro os titulares das catro unidades mixtas da localidade, tres xuízas e un xuíz, solicitaron melloras no sistema de videoconferencias da sede xudicial, un recurso que se volveu indispensable debido á pandemia.
Ademais pediron que se acometan pequenas obras de mellora no edificio co obxectivo de optimizar o espazo e mellorar a atención aos cidadáns.
Por último os asistentes á reunión propuxeron a creación no partido xudicial de Cambados dun servizo de mediación para a resolución extraxudicial de conflitos.