Os propietarios dunha vivenda reciben asistencia médica ao inhalar fume nun incendio en Loureiro Crespo
Por Redacción
O matrimonio propietario dun piso nun edificio da rúa Loureiro Crespo foi trasladado a un centro hospitalario tras inhalar fume ao producirse un incendio na vivenda.
Segundo Emerxencias 112 Galicia, o suceso producíase pasadas as 02.00 horas da madrugada deste xoves. Ata o lugar se despalzaban os equipos de extinción do Parque Municipal de Bombeiros para facer fronte ás chamas e lograban sufocar o incendio orixinado nun cadro eléctrico situado no acceso do edificio.
Tiveron que disipar o intenso fume acumulado no interior dunha das vivendas, que impedía saír aos dous propietarios da vivenda. O contacto co fume foi o que causou a intoxicación dos dous ocupantes da vivenda, que tiveron que ser evacuados.
O 112 Galicia alertou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros e á Policía Local de Pontevedra despois de que os propietarios da vivenda chamasen a este servizo avisando da imposibilidade de abandonar o domicilio debido ao fume acumulado nos accesos comúns do edificio.