Chalecos reflectores para protexer os peóns
Por Redacción
A seguridade dos peóns centra parte do traballo dos axentes do sector de Tráfico da Garda Civil, que nos últimos días, dentro das súas tarefas diarias, realizaron unha repartición de chalecos reflectores entre os peóns.
A iniciativa enmárcase no labor constante da Garda Civil en aras da mellora da seguridade viaria e a redución de vítimas nas vías de toda Galicia e lévalles a dar o alto a peóns que circulan sen o correspondente chaleco e entregarlles un.
Ademais, aproveitan para lembrarlles a normativa en materia de seguridade viaria, que establece que o uso desta peza é obrigatorio para peóns e condutores. No caso dos viandantes, non chegala supón unha sanción de 80 euros. Para os condutores, a multa é maior, de 200 euros, e implica tamén a perda de 3 puntos en caso de baixar do vehículo sen ela posta.
Os axentes de Tráfico tamén trasladan que se un peón circula sen o chaleco un condutor non o detecta ata que se atopa a 20 metros, pero se levan esta peza de seguridade pódenlle ver xa a 150 metros, de modo que aumenta en 130 metros a marxe de reacción dos demais usuarios da vía.