A Garda Civil incauta 70 plantas de marihuana no patio dunha vivenda de Cambados
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Este mércores 18 de setembro compoñentes do Posto Principal da Garda Civil de Cambados, procederon á incautación de 70 plantas de marihuana de distinto tamaño no patio dunha vivenda da devandita localidade.
O propietario e coidador da plantación J.G.V., de 27 anos de idade e con domicilio na referida vivenda foi detido como suposto autor dun delito contra a saúde pública.
O mozo, que quedou en liberdade unha vez concluída a instrución, terá que presentarse ante o Xulgado de Instrución número 4 de Cambados, cando sexa requirido.