Delimitan as áreas para os tres estacionamentos disuasorios na barriada Virxe do Carme
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Unha área fronte o centro de saúde e dúas dentro do perímetro das vivendas. Son as zonas da barriada Virxe do Carme que serán habilitadas como aparcamentos disuasorios.
Operarios municipais xa comezaron a arrombar estes terreos para habilitar as corenta prazas de estacionamento que se van a crear grazas o acordo alcanzado con Defensa.
A cesión das parcelas foi autorizada polo Instituto de Vivenda, Infraestrutura e Equipamento da Defensa e permitirán, segundo o Concello, "osixenar" a demanda de aparcamentos.
Os traballos comezarán co reprantexo das parcelas, para despois poder formigonar no caso da parcela exterior da barriada, que é a que se atopa en peor estado, e proceder ao pintado de marcas de delimitación de prazas nos tres terreos.
Nas zonas situadas entre as vivendas sacaranse as grapas que actualmente delimitan estes espazos, segundo destaca o goberno municipal.
Este proxecto enmárcase na procura de novos espazos dedicados ao estacionamento para poder xestionar de xeito máis humanizado o entorno público.
Nos últimos anos creáronse preto de 600 novas prazas de aparcamento nestas áreas de estacionamento disuasorio, todas elas en pleno casco urbano.