Marín inaugura o seu Entroido en liña coas comparsas Os Paparrulos e Os da Caña

Por Redacción
O Entroido en Marín xa comezou. Así o anunciou o propio Concello a través das súas redes sociais e da súa canle de Youtube coa publicación do primeiro dunha serie de vídeos, onde a actriz Mayka Braña entrevista ás comparsas que contan todo o traballo que hai detrás da preparación dun evento deste tipo.
Preparación do vestiario, dos números de baile ou dos desfiles e, sobre todo, a paixón que se lle pon á preparación do Entroido, son algunhas das cousas que se poden ver na peza audiovisual publicada este venres. Nela, Braña visita, xunto a representantes das comparsas de Marín, Os Paparrulos e Os da Caña, a exposición que acolle e Museo Torres dos traxes máis emblemáticos usados nos desfiles.
Segundo adiantaron desde o Concello, os seguintes en participar neste Entroido tan diferente será o alumnado da Escola Municipal de Música de Marín.
Relacionadas:
-
Reunión no Concello de Marín para deseñar as actividades do Entroido
Por Redacción |
-
Marín reparte os premios do seu Entroido virtual con máscaras
Por Oskar Viéitez |
-
Marín presenta o cartel do seu Entroido 2021, que muda ao formato online
Por Redacción |
-
Marín convoca un concurso de mascarillas para fomentar o carácter tradicional do Entroido
Por Redacción |
-
O Entroido de Marín saltará das rúas ás pantallas para adaptarse á situación sanitaria
Por Redacción |