Falece un home na Armenteira ao saírse da vía o tractor que conducía
Por Redacción
Un home de 64 anos faleceu o martes nun accidente de tractor en Armenteira, no Concello de Meis.
O accidente mortal producíase pasadas as 21 horas do martes 17 de setembro. Un home que conducía un tractor, por causas que se investigan, perdeu o control do vehículo cando circulaba polo camiño veciña de Cabeza de Boi a Fofán en Armenteira. O tractor agrícola que levaba un remolque saíase da vía e caía por un terraplén, provocando o esmagamento do condutor ao ser golpeado polo remolque.
A vítima é A.G.F de 64 anos de idade, veciño de Meis. Foi trasladado ao tanatorio do Hospital Provincial en Pontevedra.