A creatividade pontevedresa, premiada en Nova York
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/52388bd6e4aa1-gal1.jpg)
© Universidade de Vigo
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/52388bf10cbc4-gal3vali.jpg)
© Universidade de Vigo
Na súa etapa como estudante universitario, o creativo pontevedrés Xosé Teiga botaba man dunha publicación chamada Graphis na que se recollían ano a ano as mellores campañas de comunicación publicitaria a nivel mundial. Pouco podía imaxinar Teiga que uns cantos anos despois, esta prestixiosa publicación de libros e revistas internacionais ía premiar os seus traballos na categoría de Libro de Deseño e incluílos nas súas páxinas.
Este profesor visitante do Máster en Dirección de Arte Publicitaria da Universidade de Vigo gañou, hai tan só un par de días, dous Graphis de prata en Nova York grazas un cartel publicitario que realizou para a libraría Formatos da Coruña e ao catálogo de Creatividade Galega 2012 no que traballou conxuntamente con outros dous profesores convidados deste mestrado, Brais Méndez e Alberto Aler, e xunto ao tamén creativo David de la Iglesia.
Con todo, esta non é a primeira vez que a recoñecida publicación premia os seus traballos. Teiga conseguía o ano pasado outros tres Graphis de ouro na mesma categoría.