Detido un mozo na zona monumental por agredir un policía
Por Redacción
Axentes da Policía Nacional da Comisaría Provincial de Pontevedra procederon á identificación e detención dun mozo de 23 anos de idade, veciño de Marín, como presunto autor dun delito de atentado a axente da autoridade, resistencia, e desobediencia.
Os feitos sucederon sobre as 22:50 horas do domingo día 15 de setembro, cando axentes pertencentes á Comisaría Provincial de Pontevedra foron comisionados á zona monumental nas inmediacións dun establecemento de lecer onde ao parecer había unha liorta.
Unha vez nas proximidades do local, na rúa Princesa, testemuñas da pelexa manifestan os axentes que os protagonistas desta xa abandonaran o lugar, se ben foron localizados nas inmediacións.
Os axentes procederon á identificación do presunto agresor e doutro mozo que o acompañaba, se ben negáronse a mostrar calquera tipo de documentación que acreditase a súa identidade, mantendo en todo momento un elevado estado de excitación e agresividade encarándose cos axentes, proferindo insultos e chegando mesmo a propinarlle un empuxón a un dos axentes e a abalanzarse sobre outro.
Este extremo foi evitado polos axentes que iniciaron un forcexo co individuo no que recibiron patadas, empuxóns e puñazos que un dos axentes recibiu nun brazo, polo que tivo que ser atendido nun centro hospitalario.
Unha vez en dependencias policiais o detido foi posto a disposición da Autoridade Xudicial, tras prestar declaración por un presunto delito de atentado a axente da autoridade, resistencia e desobediencia.