Sae a concurso a concesión da cafetería do Pazo da Cultura
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Rematada a concesión da cafetería-restaurante do Pazo da Cultura a 15 de xullo, o organismo autónomo saca a concurso a concesión ata decembro de 2019. O canon que poden ofertar os licitadores non pode ser inferior aos 6.000 euros.
Segundo informan dende o Concello de Pontevedra, nos vindeiros días a licitación sairá publicada nos boletíns oficiais, polo que mentres non se adxudique, as instalacións permanecerán pechadas.
De todos os xeitos, o Pazo confía en volver a abrir a cafetería e o restaurante este mesmo ano con igual réxime de explotación: uso para o Pazo da Cultura pero tamén acollendo banquetes, ceas e celebracións como se viña facendo ata o de agora.