O BNG de Marín esixe que se retome a asistencia presencial nos centros de saúde con outra manifestación
Por Redacción
O BNG de Marín volveu concentrarse diante do centro de saúde da vila para seguir solicitando á Xunta que se reactive a atención primaria presencial.
Nesta concentración participou o deputado parlamentario Paulo Ríos, quen lembrou a emenda presentada polo seu partido aos orzamentos da Xunta para aumentar a dotación económica e contar con maior persoal e recursos sanitarios.
A portavoz municipal do BNG, Lucía Santos, comentou que a Xunta reforzou a quenda de tarde do persoal administrativo grazas á mobilización veciñal que está a presionar para reclamar melloras na atención sanitaria.
Os nacionalistas presentaron un escrito dirixido á Consellería de Sanidade para insistir na demanda social de reactivar a asistencia sanitaria primaria presencial e maior dotación de recursos para asegurar un sistema sanitario público, igualitario e de calidade.
Relacionadas:
-
Entregadas máis de 500 sinaturas en defensa da sanidade pública
Por Redacción |
-
Trocan as protestas diante do centro de saúde de Marín por repartición de follas de reclamacións
Por Redacción |
-
O BNG de Marín chama a mobilizarse por unha atención sanitaria presencial e máis medios no centro de saúde da vila
Por Redacción |
-
Volven as concentracións para demandar mellor asistencia sanitaria en Marín, convocadas polo BNG
Por Redacción |
-
Concentración diante do centro de saúde de Marín para reclamar atención presencial
Por Redacción |