Piden axuda para localizar unha moto roubada en Pontevedra
Por Alejandro Espiño
Os amigos do alleo non descansan nin en Nadal. Comprobouno nas súas propias carnes unha persoa que pediu axuda a través das redes sociais para localizar unha moto que lle roubaron en Pontevedra.
A moto, que estaba na Avenida de Vigo -á altura de Recambios Ochoa-, desapareceu na tarde deste día de Nadal.
Trátase dunha Kawasaki 750 de cor verde e negro con matrícula 7015 GHG.
Se alguén a viu ou ten algunha información pode poñerse en contacto coa Policía ou co dono directamente no número de teléfono 661 032 716.