Ana Pastor, Alfonso Rueda e Rafa Domínguez concéntranse contra a reforma educativa
Por Redacción
Representantes do Partido Popular realizaron este domingo unha concentración na praza da Peregrina en contra da reforma educativa emprendida polo Goberno e que se denomina popularmente como Lei Celaá.
Ana Pastor, vicepresidenta segunda do Congreso dos Deputados; Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta de Galicia; Rafa Domínguez, presidente local do Partido Popular; Pepa Pardo, portavoz do PP na Deputación e José Benito Suárez Costa, presidente da Autoridade Portuaria de Marín encabezaba esta concentración que o Partido Popular convocaba para expresar o seu rexeitamento ao proxecto educativo.
Consideran que a nova normativa impedirá exercer o dereito de educar aos fillos en liberdade, segundo palabras de Rafa Domínguez en Twitter. Para os populares a nova lei, que se atopa en tramitación tras aprobarse no Congreso dos Deputados, conlevará unha educación imposta polo Goberno. Ademais sinalan que eliminará a lingua castelá como vehicular no ensino.