A nova planta de compostaxe de Vilanova dará servizo a 25 municipios e xerará 30 postos de traballo

Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, anunciaba este mércores que a Xunta de Galicia sacou a licitación por 157.000 euros a redacción do proxecto para que se constrúa a nova planta de compostaxe no Concello de Vilanova de Arousa.
A responsable desta área visitaba o polígono de Baión, espazo no que se instalará esta planta de biorresiduos. Trátase de sete parcelas que ocupan unha superficie de 20.000 metros cadrados. A adquisición destes espazos alcanza a cifra de 1,5 millóns de euros.
A planta de Vilanova será a segunda en Galicia, despois da Cerceda nas instalacións de Sogama, que se dedicará ao tratamento e xestión dos biorresiduos domésticos. Con esta instalación darase servizo a ao redor de 25 municipios da comarca do Salnés.
Ademais, segundo comentaba Ángeles Vázquez, agárdase que xere emprego directo para un máximo de 10 persoas, ás que se sumarán outros 20 postos de traballo indirectos. Nesta planta trataranse 15.000 toneladas ao ano de residuos domésticos e 7.000 toneladas de podas e restos de madeira. Con este material espérase xerar 6.000 toneladas anuais de compost de alta calidade, que serán utilizados como abono natural e sostible en lugar da utilización de fertilizantes artificiais.
Está previsto que a planta de compostaxe acolla todas as fases do proceso co pretratamiento, fermentación, maduración e almacenamento; ademais de tratamentos de aire e de augas. A conselleira garantiu que se utilizarán as últimas tecnoloxías de procesado, control de cheiros e de ruído, ademais de utilizar enerxía renovable, principalmente a través de paneis solares.
O investimento previsto ascende a 15,5 millóns de euros para poñer en marcha este proxecto, empregando fondos europeos REACT.
A conselleira de Medio Ambiente visita Baión onde se instalará a planta de compostaxe
Ángeles Vázquez. Conselleira de Medio Ambiente
© Xunta de Galicia
Relacionadas:
-
Sogama materializa a adquisición de sete terreos do Polígono de Vilanova para a nova planta de compostaxe
Por Redacción |
-
Asinado o contrato para a redacción do proxecto da planta de compostaxe de Vilanova de Arousa
Por Redacción |
-
A delegada territorial da Xunta mediará para que se realicen varias obras pendentes en Vilanova de Arousa
Por Redacción |
-
A Xunta compra sete parcelas en Baión para construír a planta de Sogama
Por Redacción |
-
Sogama, distinguida por Ardán como empresa circular e de alta productividade 2020
Por Noticia patrocinada |