Detido un pontevedrés polo roubo nun bar da cidade e no interior dun vehículo
Por Redacción
Axentes da Policía Nacional da Comisaría Provincial de Pontevedra procederon á identificación e detención dun home de 40 anos de idade, veciño de Pontevedra, con antecedentes policiais, como presunto autor dun delito de roubo con forza no interior dun establecemento da cidade.
Os feitos tiveron lugar o pasado día 27 de agosto, cando o propietario dun establecemento de hostalaría da cidade interpuxo unha denuncia na Comisaría da Policía Nacional de Pontevedra na que daba conta do roubo no interior do seu local. Ao parecer tras dobrar os barrotes e fracturar o cristal dunha ventá da parte traseira accederon ao establecemento e subtraeron do interior diversas botellas de alcohol, latas de conserva, embutidos e outros, todo iso valorado en 475,57 euros.
As pescudas dos axentes serviron para localizar o individuo que tería subtraído os efectos, que foi identificado e foi detido como presunto autor do roubo con forza o día 5 de agosto ás 20.15 horas.
Este venres día 6 de setembro, foi detido ademais por un delito de roubo con forza no interior dun vehículo estacionado nunha rúa da cidade, que denunciou o seu propietario en dependencias policiais o día 15 de agosto. Do interior subtraéronlle unha carpeta contendo a documentación do vehículo e 100 euros en efectivo, unha bandoleira con documentación persoal dun amigo, 150 euros, as chaves dun vehículo e un ciclomotor, uns lentes de sol e diversas pezas de roupa.
Unha vez en dependencias policiais, tramitouse o correspondente atestado policial e o detido foi posto a disposición da Autoridade Xudicial. A este individuo cónstanlle varios antecedentes por feitos similares, encontrándose inmerso no último mes en varios feitos delituosos, todos eles roubos con forza.