Un veciño de Cambados, ferido na colisión entre un coche e unha moto en Castrelo
Por Redacción
Un veciño de Cambados de 31 anos resultou ferido este venres e requiriu asistencia sanitaria tras verse implicado nun accidente de tráfico rexistrado no seu propio municipio, na parroquia de Castrelo.
O Centro de Atención de Emerxencias de Galicia indicou que o sinistro se rexistrou ás 10.17 horas na estrada que comunica a igrexa de Castrelo e A Fonte do Couto, á altura do número 49. Consistiu na colisión entre un turismo e unha moto.
O sinistro requiriu a intervención da Garda Civil de Tráfico, unha ambulancia do 061 e Protección Civil de Cambados. A agrupación de voluntarios indicou que o ferido, F.J.VG., era o condutor da moto e queixábase dunha forte dor nas extremidades inferiores.
O condutor e o ocupante do outro vehículo implicado resultaron ilesos.