Quen teña visto este home, autor de varios delitos, que alerte á Garda Civil
Por Redacción
Os efectivos da Garda Civil de Pontevedra solicitan a colaboración cidadá para obter pistas sobre o lugar no que se atopa unha persoa que está relacionada coa comisión de varios delitos cometidos durante o ano 2019 en diferentes puntos da zona sur da provincia de Pontevedra.
Trátase dun home, moreno, cunha idade aproximada que se sitúa entre os 30 e os 35 anos. A súa altura aproximada é de 1,80 m. e o acento é do Leste de Europa.
A Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra mantén unha investigación aberta, dirixida polo Xulgado de Instrución número 1 de Porriño, e solicita que aquelas persoas que poidan achegar indicios sobre a identidade desta persoa da fotografía facilitada pola Garda Civil, estableza contacto con responsables da Comandancia a través do teléfono móbil 600.461.444 ou a través do correo electrónico po-cmd-pontevedra-uopj@guardiacivil.org