Deteñen un condutor en Arcebispo Malvar ao sextuplicar a taxa de alcohol permitida
Por Redacción
A Policía Local de Pontevedra detiña un condutor o sábado 31 tras ofrecer un resultado de 1,40 miligramos por litro de aire espirado no control de alcoholemia ao que lle someteron os axentes.
O home conducía pola rúa Arcebispo Malvar, unha vía na que o tráfico atópase restrinxido. Os axentes que estaban nesa zona multando vehículos sen autorización para estacionar nesa contorna observaron como un Seat Córdoba de cor branca atravesaban na rúa e lle deron o alto. Ao observar que o condutor amosaba signos de embriaguez lle someteron a un control de alcoholemia. A proba ofreceu o resultado 1,40 miligramos por litro de aire, o que supón unha taxa que supera seis veces a permitida.
Nestes controis dinámicos, a Policía Local de Pontevedra tamén detectou outro condutor que spueraba a taxa autorizada. Nos 100 controis estáticos de alcoholemia que se desenvolveron na cidade durante a fin de semana rexistráronse dous positivos.