A Xunta cede aos concellos o material de protección non empregado nas eleccións autonómicas
Por Redacción
A Xunta de Galicia cederá o material de protección fronte á covid-19 non empregado nas eleccións autonómicas do pasado 12 de xullo aos concellos da área territorial de Pontevedra.
O protocolo de medidas de prevención para levar a cabo a xornada electoral incluía a achega por parte da Administración autonómica do material de protección necesario.
Deste xeito, puxéronse a disposición dos electores en toda Galicia máis de 2,4 millóns de máscaras cirúrxicas, arredor de 43.000 botes de xel hidroalcohólico e máis de 47.000 pantallas faciais para os membros das mesas electorais.
Tamén se adquiriron máis dun millón de luvas para persoas alérxicas ao xel hidroalcohólico e para levar a cabo o escrutinio trala votación.
O uso da máscara foi obrigado pero debido a que parte dos electores optaron por levar a súa propia máscara, este material sobrante se entregará agora ás entidades locais para que poidan distribuílo entre os seus veciños.