Costas autoriza o proxecto de rexeneración da praia da Carabuxeira
Por Redacción
Ata 10.000 metros cúbicos de area vanse a recuperar grazas ao proxecto de rexeneración da praia da Carabuxeira. Proveñen do propio areal, pero estaban depositadas nos fondos mariños polo efecto das mareas e da construción do espigón de abrigo do porto deportivo.
Para poder executar esta actuación era necesaria autorización de Costas, organismo estatal que xa deu o seu visto bo. Por iso, a subdelegada do Goberno, Maica Larriba, mantivo un encontro na praia co alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín.
"A nosa presenza hoxe aquí é para dar testemuña de que este é o primeiro paso para acadar a tan desexada rexeneración da praia de A Carabuxeira", destacou Larriba, que aclarou que esta autorización de Costas estará vinculada co proxecto definitivo desta actuación.
A este respecto, Telmo Martín afirmou que Nauta ten listo xa o proxecto definitivo que presentará ante Portos de Galicia.
"En canto Costas asine a autorización, Nauta procederá a licitación das obras de recheo, aínda que o inicio das mesmas poderá verse condicionado polas condicións climáticas e a situación do mar no inverno", engadiu o alcalde.
En todo caso, a achega da area estará lista para a próxima primavera con total seguridade para o gozo dos veciños e visitantes.
Ademais da recuperación dos 10.000 metros cúbicos de area, que serán devoltos ao areal, a praia da Carabuxeira contará cunhas barreiras de material xeotéxtil para paliar os efectos das mareas e evitar a erosión.
O xefe do Servizo Provincial de Costas en Pontevedra, Enrique Fernández, explicou que este aporte de area "é de carácter brando", xa que está vinculado ao proxecto definitivo que incluiría una obra de carácter ríxido e definitivo.
"O seu obxectivo é protexer temporalmente esta zona de vivendas", detallaron as autoridades, que celebraron o "compromiso" do Goberno coa preservación e recuperación do litoral.
Relacionadas:
-
O estudo xeotécnico en 3D da praia marca o arranque dos traballos de rexeneración da Carabuxeira
Por Redacción |
-
Fixan o venres 12 de febreiro como data de inicio para a rexeneración da Carabuxeira
Por Redacción |
-
Marcor Xove, única empresa en presentarse ao concurso para rexenerar A Carabuxeira
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo mellorará os accesos a Foxos e Major para preservar as dunas
Por Redacción |
-
Sae a licitación a rexeneración da praia da Carabuxeira
Por Redacción |
-
Prevista para mediados de setembro a licitación para rexenerar A Carabuxeira
Por Redacción |
-
A rexeneración da Carabuxeira está pendente de trámites en Costas e a Autoridade Portuaria
Por Redacción |
-
Un estudo localiza a area perdida pola praia da Carabuxeira
Por Oskar Viéitez |