Un motorista resulta ferido nun accidente en Marín
Por Redacción
Un motorista resultou ferido e tivo que ser trasladado ao Hospital Domínguez de Pontevedra tras sufrir un accidente supostamente con outro vehículo implicadona zona da Porteliña, en Marín.
Segundo indicou a Axencia Galega de Emerxencias, o sinistro produciuse ás 12.38 horas a escasos metros da igrexa das Sete Espadas, nunha estrada secundaria de Marín.
Por motivos que se desconocen, produciuse unha colisión e o condutor dunha moto quedou tendido no medio da calzada e foi necesario trasladar o lugar a unha ambulancia do 061 para prestarlle asistencia sanitaria.
Fontes consultadas indicaron que o motorista sufriu unha fractura nunha perna pola que requiriu atención hospitalaria.