17 millones de quilos de uva converten a vendima 2012 en "escasa" en cantidade y "excelente" en calidade
Por Redacción
A vendima 2012 concluíu oficialmente. Tras máis dun mes de traballos, a Denominación de Orixe Rías Baixas pecha unha colleita "escasa" en canto a cantidade, aínda que "excelente" en canto a calidade. Segundo os datos do seu ÿrgano de Control e Certificación, na vendima deste ano recolléronse 17 millóns e medio de quilos de uva nas máis de 4.000 hectáreas que integran a denominación.
O notable baixón da colleita con respecto á campaña anterior, na que se recolleron máis de 41 millóns de quilos de uva, é froito, segundo a D.O., "das desfavorables condicións meteorolóxicas sucedidas durante a pasada primavera, momento da floración, na que se produciron choivas copiosas e temperaturas baixas que afectaron á formación dos racimos, provocando corrimento de flor".
En cambio, aseguran que as boas condicións meteorolóxicas previas á vendima propiciaron unha perfecta maduración do froito e, xa que logo, un excelente estado hixiénico sanitario da uva á súa entrada nas 167 bodegas participantes na campaña deste ano.
Ademais, a bonanza climatológica vivida durante a vendima permitiu que esta transcorrese de xeito selectiva e ordenada, "tendo en conta que os labores de recolleita en dita denominación realízanse a man", informa o Consello Regulador.
A menor produción non impedirá á denominación, segundo garanten desde o Consello Regulador, que se manteña a intensa actividade nos diferentes mercados nacionais e internacionais, xa que "entendemos que a actual conxuntura económica nacional aconsella seguir investindo na internacionalización dos viños de Rías Baixas e a calidade desta colleita permitiranos seguir situando os nosos viños entre os de máis prestixio do mundo", asegura o seu presidente, Juan Gil.
Salnés, a subzona con máis peso
Como vén sendo habitual, a campaña nesta denominación de orixe estivo protagonizada polas variedades autóctonas, sendo o Albariño a maioritaria con case 17 millóns de quilos de uva, o que representa o 96 % da produción total. Séguenlle a Treixadura e a Caíño Branco, en variedades brancas.
En canto ás variedades tintas, a presente vendima supuxo a recolleita dun total de 189.592 quilos de uva, que representan un 1,08% da produción total, sendo a variedade Sousón a de maior produción.
Por subzonas, a maior cantidade de uva vinificada procesouse, un ano máis, en O Salnés, con 11.479.520 quilos de uva, seguido polo Condado do Tea, con 3.562.618 quilos e O Rosal, con 2.240.957 quilos.