Detido por roubar xoias na casa da súa propia familia
Por Redacción
A Garda Civil detivo a S.M.N., de 43 anos de idade e veciño de Vilagarcía de Arousa, como suposto autor dun delito de furto de xoias nun domicilio de Cambados.
Este xoves día 22, foi presentada unha denuncia no Posto Principal de Cambados na que a denunciante manifestou que lle subtraeran as xoias que tiña gardadas nun xoieiro e nun toucador. A investigación deu como resultado a detención, no mesmo día, do suposto autor do feito delituoso e á recuperación da totalidade das xoias subtraídas.
S.M.N., aproveitando a condición de familiar dos propietarios do domicilio e que estaba a vivir con eles dende hai uns meses, se apoderou das xoias e as vendeu nos locais habilitados para iso.
O detido, que conta con antecedentes policiais, quedou en liberdade coa obriga de presentarse ante o Xulgado de Instrución número catro dos de Cambados.