Un ferido leve nunha colisión por alcance entre catro coches na ponte da Illa
Por Redacción
Catro turismos víronse implicados nunha colisión múltiple este mércores na ponte da Illa de Arousa.
O accidente produciuse ao redor das 19:45 horas da tarde na PO-307, ou o que é o mesmo, no inicio da ponte en sentido de saída cara a Vilanova.
Tratouse dunha colisión en cadea por alcance, que a pesar de non provocar consecuencias graves saldouse cunha persoa ferida leve que tivo que ser atendida polos profesionais do 061.
Ademais das urxencias sanitarias, despregáronse no lugar efectivos da Policía Local da Illa, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cambados e a Garda Civil de Tráfico.