O Concello de Poio pon en marcha a mellora do Camiño de San Martiño
Por Redacción
A Concellería de Obras do Concello de Poio inicia os traballos de mellora do Camiño de San Martiño, na parroquia de San Xoán. Trátase dunha actuacion que serve para completar a dotación de servizos que xa se acometeu o ano anterior coa instalación de redes de saneamento, abastecemento e pluviais.
Agora os traballos centraranse na ampliación deste camiño moi utilizado polos veciños e de só tres metros de ancho. Así mesmo, procederase a hormigonar a superficie. A actuación afectará a un tramo de 100 metros e conta cun orzamento de 3.000 euros.
Ao finalizar esta actuación, o Concello continuará coa do Camiño da Outeira en Fontenla, que dá acceso ao instituto