Máis de 50 postos tradicionais ambientarán o 24 de agosto a Feira da Pedreira na Lama
Por Redacción
O 24 de agosto a partir das 11 da mañá comezará a feira tradicional da Pedreira na Lama con máis de 50 postos nos que poderán comprar dende zocos ata galiñas de Mos, burros fariñeiros, poldros de pura raza galega ou porcos celtas. Tamén se poderá observar unha sombrereira e unha "zoqueira" traballando durante a feira.
Ademais, os veciños do municipio tratarán de confeccionar un palleiro tradicional nas inmediacións da Alameda, contando coa participación de nenos e adultos.
A festa serve para que os veciños teñan a oportunidade de vender o seu excedente de produción e a gastronomía contará con diversos postos de polbo, churrasco ou calos. Os restaurantes da zona dispoñerán dun menú económico.
A música correrá A Cargo da Pandereteiras do Suído cun repertorio recollido na zona da Lama.