Poio rexistra un 87% de ocupación hoteleira durante a primeira quincena de agosto
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A primeira quincena de agosto resultou moi positiva para os establecementos hoteleiros de Poio, segundo a información trasladada polo propio Concello.
O goberno municipal indica que a ocupación real dos primeiros 15 días de mes ascendeu ao 87%, cifra que supera en 15 puntos á lograda nas mesmas datas de 2012 e que mesmo foi maior en moitos dos hoteis e hostais: "o bo tempo reinante durante toda a ponte do pasado fin de semana fixo que numerosos establecementos lograsen un 100% de ocupación".
Estes datos da concellaría de Turismo recollen ademais aos visitantes que pasaron pola oficina de información turística, máis de 3.000 na primeira quincena de agosto, dos que un 96% se corresponden a viaxeiros nacionais (Madrid, País Vasco, Cataluña e Andalucía) e un 4% a estranxeiros, o que eleva a cifra total do ano a preto de 7.000 persoas, un número similar ao do pasado ano nas mesmas datas.
Os lugares máis visitados polos turistas, segundo o Concello, son Combarro, o Mosteiro de San Xoán, as Rutas dos Muíños e o Área Arqueolóxica da Caeira.