Verducido chama á mobilización contra o peche de Primaria na súa escola unitaria en plena pandemia
Por Redacción
A ameaza de peche parece que xa se cronificou na escola unitaria de Verducido. As familias con escolares no centro reciben periodicamente malas noticias que ameazan a propia supervivencia do centro e agora, en pleno mes de xullo, e en plena pandemia do coronavirus, recibiron un duro golpe. A Consellería de Educación comunicoulles o peche da unidade de Primaria.
Á vista desta decisión de Educación, as familias e, en xeral, toda a cidadanía de Verducido decidiron convocar unha concentración de protesta contra o peche e en defensa da súa escola. Será este venres 24 de xullo ás 20.00 horas nas propias instalacións educativas.
Os convocantes lembran ás persoas que pensen asistir a necesidade de que leven máscaras e respecten as distancias de seguridade esixidas para evitar a propación da Covid-19.
A concentración busca manifestar o rexeitamento da cidadanía á decisión do peche e ás formas da Consellería de Educación para executalo, pois critican que xa sabían en maio o número de nenos matriculados para o novo curso e, con todo, esperaron a xullo para " levar a cabo unha manobra desapiadada contra o centro educativo e as súas familias".
Os convocantes sosteñen que non poden permitir que se peche a aula de Primaria, xa que "sería a condena da nosa escola", o paso previo para o peche de toda a unitaria.
Respecto diso, defenden que as escolas rurais son "imprescindibles" na educación da infancia actual e tamén botan en cara a Educación que opte polo peche da unidade de Primaria nestes tempos da Covid-19 e cando as autoridades educativas aconsellan reducir grupos de escolares nos centros.
Ademais, lembran que o Goberno central "deu cartos ás comunidades autónomas para isto".
Relacionadas:
-
O PSOE esixe á Xunta que recupere os servizos suprimidos na escola unitaria de Verducido e no colexio Barcelos
Por Redacción |
-
Piden o cesamento do xefe territorial de Educación, por actuar "irregularmente" coa Escola de Verducido
Por Redacción |
-
Educación reabrirá Primaria na escola de Verducido de maneira "inmediata"
Por Alejandro Espiño |
-
A xustiza ordena a Educación reabrir a unidade de Primaria pechada na escola de Verducido
Por Alejandro Espiño |
-
Os socialistas reclaman á Xunta que manteña aberta a escola unitaria de Verducido
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A conselleira asegura que as obras no Colexio do Carballal estarán rematadas para o inicio do novo curso
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello esixe a Educación manter o ciclo de Primaria na escola de Verducido
Por Alejandro Espiño |
-
O PP retoma o 'recoñecemento' do rural pontevedrés tras o parón do confinamento
Por Redacción |
-
Verducido pecha filas en defensa do seu colexio
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |