VÍDEO.- As praias da ría izan as súas bandeiras azuis
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/b4c/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5ef5eebc01-20200626_130310.jpg)
© Concello de Bueu
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/15b/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5ef613db06-whatsapp-image-2020-06-26-at-17.13.30.jpeg)
© Concello de Sanxenxo
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/802/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5ef61416bd-dsc_0113.jpg)
© Concello de Ponte Caldelas
As praias da provincia de Pontevedra xa locen as súas bandeiras azuis. A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, participou este venres na cerimonia do izado do distintivo no areal marinense de Portocelo onde destacou que esta provincia é a que sumar o maior número de galardóns de toda Galicia.
Durante a súa visita a Marín, que conta con cinco bandeiras para as súas praias así como outros dous distintivos para os seus centro de interpretación dos petróglifos, Ateneo Santa Cecilia e para tres sendas peonís; a conselleira lembrou que este verán serán 52 as praias da provincia nas que ondearán esta enseña de calidade correspondentes a once concellos.
Isto converte a Galicia como unha das comunidades mellor posicionada no ranking de mellores praias de España.
A comunidade mantén as súas 107 distintivos, que ascenden a 133 se se ten en conta os galardóns conseguidos por portos deportivos, aulas e centros de natureza. Só a Comunidade Valenciana, con 134 selos, conta con máis bandeiras que Galicia.
A conselleira fixo fincapé tamén na necesidade de respectar as distancias de seguridade nos areais este verán e puxo en valor a xestión dos concellos á hora de organizar a afluencia de público a estes espazos.
Sanxenxo xa dispón das 17 bandeiras azuis que ondearán este verán en Area de Agra, pero tamén e de forma independente, Areas Gordas, A Lapa, Nosa Señora da Lanzada e Foxos. Estas catro praias que ata o de agora compartían insignia contarán cada unha delas con servizos de socorrismo e aseos propios.
A estes novos distintivos súmanse as praias de Areas, Caneliñas, A Lanzada-O Espiñeiro, Canelas, Montalvo, Silgar, Bascuas, Major, Pragueira, Baltar, Paxariñas e Panadeira.
Ponte Caldelas recibiu a bandeira azul e o distintivo sendeiro azul. O alcalde Andrés Díaz propuxo que en 2021 o acto de entrega dos galardóns se realice na praia fluvial da Calzada, único arenal de río con este distintivo en España.
Izado da bandeira azul na praia de Portocelo
© Concello de Marín