Dous condutores resultan feridos nun accidente de tráfico en Canelas
Por Redacción
Ás 8:12 horas desta mañá do xoves 8 de agosto, un particular alertaba ao servizo de Emerxencias dun accidente que se producía na curva de Canelas na estrada PO-308 na saída de Portonovo cara Á Lanzada no concello de Sanxenxo.
Por causas que aínda están por determinar, producíase unha colisión frontolateral entre un turismo e unha furgoneta. Os dous condutores resultaban feridos como consecuencia do impacto.
Segundo informaba o servizo de Emerxencias do 112 ata o lugar do accidente desprazouse a Policía local de Sanxenxo, o servizo de Emerxencias do concello e unha ambulancia que trasladou aos feridos a un centro hospitalario.
Os vehículos quedaron atravesados pola calzada e ata o momento en que foi posible a súa retirada cortouse un dos carrís de tráfico.