A APDR denuncia o "escasísimo número" de controis ambientais sobre as verteduras de Ence
Por Redacción
A Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) solicitou á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, dependente da Consellería de Medio, un maior control das verteduras de Ence en relación á contaminación bacteriolóxica que aseguran, pode provocar as emisións líquidas da pastera, producindo "un indubidábel impacto nos bancos marisqueiros da Ría e sobre a saúde pública".
Segundo o colectivo ecoloxista a Xunta está a realizar un "escasísimo números de controis", baseando a súa denuncia na única análise do ano 2012, realizado o día 29 de novembro, que acaba de ser remitido polo goberno autonómico á APDR.
Nese control de verteduras, dende o punto de vista da asociación, móstrase unha elevada concentración de coliformers totais e de estreptococos fecais, polo que entende que a actuación do goberno autonómico debe ser de maior control: "resulta inadmisíbel que a Xunta de Galicia non manteña un control estrito da carga bacteriana das emisións líquidas de ENCE, e máis se temos en conta que a empresa verte nunha Ría declarada coma zona sensíbel".