Os marinenses teñen unha cita na Alameda coa moda ao mellor prezo
Por Redacción
A Alameda acolle dende este fin de semana a feira de oportunidades Saldomarín.
Esta sétima edición inclúe importantes descontos nunha ampla oferta de roupa, xoiaría, deportes, calzado, óptica, artesanía e fogar.
Un total de vinte e un comercios, a maioría de Marín, concorren baixo a carpa instalada na Alameda.
O horario de atención ao público é de 11.00 a 15.00 e de 18.00 a 21.30 horas, e dispón dun servizo gratuíto de gardaría.
A presidenta de Estrela de Marín, Isabel Torres xunto á alcaldesa María Ramallo e a directora xeral de Comercio da Xunta, Sol Vázquez, defenderon os beneficios que este tipo de eventos.
Concretamente Sol Vázquez destacou "a importante labor que desempeñan os centros comerciais abertos na dinamización do comercio de proximidade", e agradeceu "a implicación dos comerciantes en iniciativas como a que estes días se celebra na localidade pontevedresa".
A entrada ao recinto é de balde.