Falece un motorista de 27 anos na subida a Monte Lobeira
Por Redacción
Un mozo de 27 anos falecía este mediodía nun accidente que se producía no concello de Vilagarcía de Arousa na estrada que vai de Vilagarcía a Lobeira, ao pasar o lugar de Cornazo, no Sixto, segundo informou o servizo do 112.
O accidente orixinouse nunha saída de vía, cuxas causas se están a investigar. A alerta recibiuse na central de coordinación do 061 Urxencias Sanitarias de Galicia e ao lugar do accidente enviáronse unha ambulancia asistencial con persoal sanitario. Inicialmente tamén se requiriu o servizo do helicóptero de emerxencias de Galicia que regresou á base cando se comprobou que o piloto falecera.
Tamén se desprazou unha dotación da Garda Civil e de Protección Civil de Vilagarcía.